jueves, 29 de enero de 2009

Un buen año


Podería ser outra película sobre depredador financeiro redimido polo amor. E no fondo a é. Pero hai mais cousas.

Por exemplo, dúas visións moi diferentes do que pode ser o mundo empresarial. A contraposición entre a economía financeira (representada aquí polos brokers londinenses)e a real (persoalizada nunhas pequenas adegas na Provenza francesa).

Dous estilos de vida moi distintos: un frenético e sofisticado; outro mais tranquilo e contemplativo.

As dúas propostas son moi atractivas ¿Con cal vos quedades?



sábado, 17 de enero de 2009

Qué bello es vivir!

Como non podía ser de outra maneira e iste ano con mais razón, no Nadal imponse a revisión dos clásicos. ¡Qué bello es vivir! é unha desas películas que sempre che deixa un bo sabor de boca pese a cantidade de veces que a temos vista.

Dende Economía, recoméndovos que prestedes atención a trama económico-empresarial que subiace na vida de Georges Bailey (James Stewart), traballador primeiro e xerente despois, dunha pequena empresa financeira local.

A escea na que os rumores de quebra fan que os aforradores acudan en masa á empresa de Georges Bailey para retirar os seus cartos é moi ilustrativa do papel que xoga a confianza no funcionamento do sistema financeiro moderno.