lunes, 8 de diciembre de 2008

Startup.com

Dous amigos que se coñecen dende o instituto deciden montar unha empresa en pleno auxe de Internet e as tecnoloxías da información e comunicación.

Neste documental amósansenos os pormenores do proceso de creación e posta en marcha dunha empresa. Dende a busca de financiamento e clientes ata a organización interna e a loita polo poder.

Podedes atopar mais información sobre qué foi da empresa e os seus protagonistas na web http://www.staruplapelicula.com/

viernes, 28 de noviembre de 2008

Risky Business


¿Queredes ver a Tom Cruise con 16 anos bailando en calzóns pola casa dos seus pais?

Ainda que antiga, esta peli amosa, entre moitas outras cousas, unha punto de vista divertido e politicamente incorrecto sobre o chamado Espíritu Emprendedor (Entrepreneurship).

A escena orixinal da película podédela atopar en Youtube, onde tamén podedes ver esta misma escea, interpretada por distintos persoaxes famosos de Estados Unidos, como o nadador Michael Phelps e a supermodelo Heidi Klum.